O proxecto
O Universo da Igualdade é un itinerario educativo levado a cabo nunha aula de 6º de Educación Infantil do CEIP María Pita de A Coruña, na cal, se albergan 25 nenas e nenos de 5 anos, que de xeito cooperativo e colaborativo forman tres grupos de traballo. Durante todo o curso escolar, o alumnado comezou a estudar e a investigar sobre esta liña temática e desenvolveu diversas actividades relacionadas co coñecemento das estrelas e planetas baixo unha perspectiva de traballo coeducativo. Deste modo, leváronse a cabo accións positivas para fomentar a igualdade de xénero e a coeducación, que se poden consultar no seu perfil de Twitter baixo a etiqueta #UniversoIgualdade.
Alén diso, este proxecto participa na IV Edición da convocatoria Wisibilízalas, promovida pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, e a cal, ten como obxectivos rachar cos estereotipos de xénero asociados ás carreiras STEM, así como potenciar a referentes femininos actuais que sirvan de inspiración á infancia e promover o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo a través da creación de páxinas web.
Deste modo, as nenas e nenos que compoñen o grupo aula, desenvolveron co seu nivel de competencia, unha serie de entrevistas a diversas científicas relacionadas co estudo do Universo e o Espazo Exterior, seleccionadas previamente pola súa traxectoria profesional relevante ou pola súa accesibilidade, para evitar realizar unha discriminación implícita das mulleres. Alén diso, analóxicamente, crearon os textos que aquí se plasman, así como as imaxes das persoas estudadas, e posteriormente, as súas creacións foron dixitalizadas para que puidesen ser consultadas en rede, tal e como indican as bases da convocatoria.
Agradecemos a participación voluntaria e desinteresada de todas as persoas que colaboraron para o desenvolvemento desta experiencia, especialmente á astronouta e inxenieira Natalia Larrea, Eva Villaver (Univ. Complutense de Madrid), Cristina Cuerno (Directora da ETSIAE da Univ. Politécnica de Madrid) e Elena Roibás (Univ. Politécnica de Madrid), así como, Isabel Rebollido Vázquez (Univ. Autónoma de Madrid) e María Santos Lleo (Axencia Espacial Europea), que a través do encontro con Astrónomas da SEA puidemos contactar con elas.